Usamos cookies para proporcionarlle os servizos que vostede solicita no noso sitio. Estos servizos incluen o inicio de sesión de usuario, configuración das preferencias de idioma e elementos de seguridade. Son esenciais para o correcto funcionamento da aplicación

Estou de acordo

Collazo López, Iria (1981-)

Os mortos que amei / Iria Collazo López - 1ª ed., 1ª imp. - Vigo : Editorial Galaxia , 2024 - 169 p. ; 23 cm - (Literaria Ronsel ; 6) .

Celeste decidiu fuxir con 83 anos, un día de abril, o mes en que abren as rosas das cerdeiras. Atopou a maleta onde levaría as súas pertenzas entre mantas e mantóns de estopa, la e angora; blusas de seda en tons pasteis e colo con brocado; bolsos de coiro de res criada coa mesta herba eterna da Pampa; broches dourados con forma de coleópteros máxicos...
O can Elvis e o seu consogro, Antón, taxista xubilado ao que sempre acompaña o fantasma da Vita, a súa muller, serán as únicas compañías na súa longa odisea cara ao Sur. Este é o relato da súa viaxe. En Os mortos que amei, Iria Collazo escribe unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós, co humor e a tenrura como protagonistas, que contan con nostalxia unha historia de amor imposible, onde todo o que coincide coa realidade é inventado.


9788411762236

821.134.4-31"20"

Coa tecnoloxía Koha