Blanco-Amor, Eduardo

A esmorga / Eduardo Blanco Amor - [1ª ed. en Biblioteca Blanco Amor] - Vigo :Galaxia ,2004 - 115 p. ;21cm - Literaria .

Número de rexistro antíguo: 2627

A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a narrativa galega. A esmorga é a obra máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal. A esmorga é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. A súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor.

Formación Profesional

8482887394


Violencia de xénero
Violencia

821.134.4-31"19"

Coa tecnoloxía Koha