Cajaraville, Héctor

Quen dá a quenda? / Héctor Cajaraville - 1ª ed. - Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2016. - 216 p. il. cor 19 cm

Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015

Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas se achegan ata o consultorio de Divina; un día calquera, na porta da cabana podemos ver un barco que se marea ou unha fervenza que quere vivir onda o mar; e no interior, unha bolboreta coas ás despintadas, unha pantasma que xa non asusta... E a meiga Divina, coa axuda dos seus libros de conxuros, das súas apócemas e beberaxes, dun moucho sabio e dunha cortina lingoreteira, consegue que todos eles marchen cun remedio acaído para os seus males.

3º-4º ESO

9788499149974


Contos
Bondade
Fantasía
Bruxas
Solidariedade

82 N

Coa tecnoloxía Koha