Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Gramática da fantasía : Introdución á arte de contar historias / Gianni Rodari

por Rodari, Gianni [autor/a]; Otero, Pablo [ilustrador/a]; Gaspar, Silvia [tradutor/a].
Tipo: MonografíaEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2018 Edición: 3ª ed.Descrición: 180 p. ; 22 cm.ISBN: 9788484647058.Materia(s): Educación | Pedagoxía | Narración oralRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: “Inventar historias para nenos e axudalos a que as inventen eles mesmos, non para que uns e outros sexan artistas, senón para que ninguén sexa escravo”. Esta foi a intención de Gianni Rodari á hora de escribir “Grammatica della fantasia” (1973), unha obra de obrigada referencia para educadores, unha aportación sen precedentes á pedagoxía contemporánea e o legado co que Rodari transmite a súa idea revolucionaria e liberadora da literatura. A orixe do traballo está nun encontro con docentes no que Rodari participou en 1972, invitado polo Concello de Reggio Emilia (Italia). Con este manual, Rodari invita a converter a palabra en xogo, ao tempo que desvela o proceso de escribir historias para nenos e axúdalles aos cativos a inventar novos mundos. “Gramática da fantasía” ofrécelle ao lector a posibilidade de demostrar que para entrar na realidade non só serven as portas, senón tamén as fiestras: “Así é máis divertido e moito máis práctico”, afirmaba o escritor italiano. Este título está destinado a docentes, educadores e todas aquelas persoas que cren que a imaxinación debe ocupar un destacado lugar na educación da infancia. Lista(s) nas que aparece este ítem: Lecturas de verán para aprender 25
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Monte Neme
Sala préstamo
37 ROD gra Dispoñible CED041000014756

“Inventar historias para nenos e axudalos a que as inventen eles mesmos, non para que uns e outros sexan artistas, senón para que ninguén sexa escravo”. Esta foi a intención de Gianni Rodari á hora de escribir “Grammatica della fantasia” (1973), unha obra de obrigada referencia para educadores, unha aportación sen precedentes á pedagoxía contemporánea e o legado co que Rodari transmite a súa idea revolucionaria e liberadora da literatura.

A orixe do traballo está nun encontro con docentes no que Rodari participou en 1972, invitado polo Concello de Reggio Emilia (Italia). Con este manual, Rodari invita a converter a palabra en xogo, ao tempo que desvela o proceso de escribir historias para nenos e axúdalles aos cativos a inventar novos mundos. “Gramática da fantasía” ofrécelle ao lector a posibilidade de demostrar que para entrar na realidade non só serven as portas, senón tamén as fiestras: “Así é máis divertido e moito máis práctico”, afirmaba o escritor italiano.

Este título está destinado a docentes, educadores e todas aquelas persoas que cren que a imaxinación debe ocupar un destacado lugar na educación da infancia.

Coa tecnoloxía Koha