O mundo secreto de Basilius Hoffman : O ladrón de soños / Fernando M. Cimadevila Botana
por Cimadevila Botana, Fernando M [autor/a]; Valladares González, Iván [autor/a].
Tipo: LibroSeries: O mundo secreto de Basilius Hoffman ;1.Editor: Santiago de Compostela :Urco editora ,2010 Edición: 1ª ed.Descrición: 348 p :il. br. e n ;24cm.ISBN: 9788493812195.Materia(s): 82N-G | Viaxes | Aventuras | Ciencia ficción | Relacións intexeneracionais | Fantasía | MisterioRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Achégase unha nova Era, as antigas portas féchanse definitivamente, os reinos que durante séculos lindaron as fronteiras do noso mundo esvaécense entre as brumas das lendas. Durante anos o profesor Hoffman, explorador de mundos ocultos, dedicou non poucos esforzos a desvelar os seus segredos. Mais só cando o seu sobriño Peter chega ao vello casarón Hoffman para pasar as vacacións de Nadal, o destino une as súas vidas dando comezo así á batalla definitiva na que se porá en xogo o noso ben máis prezado: o poder da imaxinación. Aquí comeza a saga do profesor Basilius Hoffman: historiador, arqueólogo, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa. E a súa viaxe na procura do lendario Diario do Cartógrafo, na que descubriremos cidades perdidas no profundo da noite, sociedades secretas, misteriosas criaturas, poderosas reliquias sagradas, imposíbeis aparellos mecánicos e unha infinidade de curiosos personaxes.Este rexistro ten moitos ítems físicos (152). Faga clic aquí para velos todos.
Achégase unha nova Era, as antigas portas féchanse definitivamente, os reinos que durante séculos lindaron as fronteiras do noso mundo esvaécense entre as brumas das lendas. Durante anos o profesor Hoffman, explorador de mundos ocultos, dedicou non poucos esforzos a desvelar os seus segredos. Mais só cando o seu sobriño Peter chega ao vello casarón Hoffman para pasar as vacacións de Nadal, o destino une as súas vidas dando comezo así á batalla definitiva na que se porá en xogo o noso ben máis prezado: o poder da imaxinación.
Aquí comeza a saga do profesor Basilius Hoffman: historiador, arqueólogo, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa. E a súa viaxe na procura do lendario Diario do Cartógrafo, na que descubriremos cidades perdidas no profundo da noite, sociedades secretas, misteriosas criaturas, poderosas reliquias sagradas, imposíbeis aparellos mecánicos e unha infinidade de curiosos personaxes.
3º-4º ESO